11/29/2016

Conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero




A violencia contra as mulleres foi unha constante ao longo da historia e, aínda que estamos nos albores do século XXI, segue sendo unha lacra que parece non ter fin.
A biblioteca propuxo unha actividade na que animou ao alumnado, mestres e persoal non docente a unha reflexión en positivo sobre a eliminación da violencia de xénero.
Para a elaboración do mural decidimos usar as cores da clasificación dos libros de lecer. O alumnado de infantil e 1º ciclo pegaron as siluetas das súas mans en azul e vermello; 2º ciclo fixo as súas reflexións en amarelo e o 3º ciclo en verde, así como os mestres e persoal non docente fixéronno na cor que simboliza a loita contra esta problemática social.
Moitas grazas a todos.





Ningún comentario:

Publicar un comentario