3/06/2017

Carnaval no mundo

O EDL preparou uns carteis con información sobre o "Carnaval no mundo". Dado que este curso estamos traballando en torno ao eixo das viaxes, tratou de achegar ao alumnado algúns datos sobre as distintas maneiras que hai de celebrar o entroido nos lugares onde esta festa ten máis relevancia. Fíxose espencial fincapé no que temos cerca, así, para exaltar o de Laza, aportouse información ao alumnado do 3º ciclo para que poidesen realizar as caretas de "Peliqueiro", coas súas pantallas con motivos animais, circunstancia que aproveitaron para homenaxear á nosa curuxa. 
Nas clases de plástica, coa profe Isabel, estiveron durante varias semanas facendo a estrutura con globos, papel, cola... capa tras capa, armándose de paciencia, e logo foron decorando...
Polo camiño quedaron non poucos globos estoupados, capas que nunca chegaron a endurecer... Pero polo menos, déronse rematado algunhas para poder deixar mostra de que temos auténticos artesáns!
Tamén fixeron algunhas máscaras venecianas e algúns antefaces.
Os antefaces foron moi "resultóns". Tiñan menos dificultade, levaban menos tempo e ó final, tamén quedaron moi vistosos. Valéronlles para repasar o concepto de simetría! 


1 comentario: