4/23/2021

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO 2021

Celebramos o Día Internacional do Libro na semana do 19 ao 23 de abril cun maratón de lectura no que participou alumnado de 1º a 6º E.P., mestres e personal non docente.

As lecturas protagonistas foron

"Bo camiño, Valentiño" ( 1º a 3º E.P.)

"A ecopanda e o misterio do Románico" (4º a 6º E.P.).

Premendo na imaxe, accederás ó maratón de lectura.👍

Despois dunha semana chea de lecturas, chegou o día esperado por todos, o 23 de abril, Día Internacional do Libro. 
O comedor do colexio súmase sempre a esta celebración preparando un delicioso menú relacionado co tema anual.
Na "Hora de Ler", cada curso, na súa aula, escoitou o conto "O traxe novo do rei" contado por Rocío, a mamá de Martín. 
Rematamos esta celebración coa entrega de diplomas e agasallos. María José, coordinadora da biblioteca, foi a encargada de repartilos en cada unha das aulas de Primaria. 
AS MÁIS "LEONAS",  POR TANTAS LECTURAS NA BIBLIOTECA.
OS MÁIS LECTORES NA ACTIVIDADE "VAILLE CO CONTO AO PROFE"
O MÁIS "VIAXEIRO/A", POR TANTOS PRÉSTAMOS.
Tamén houbo agasallos para as mestras que participaron nas actividades "VAILLE CO CONTO AO PROFE" e "CANTO CONTO TEN O PROFE"

Ningún comentario:

Publicar un comentario