11/19/2024

25 N , PARA QUE?


Patria, Minerva e María Teresa Mirabal eran tres irmás dominicanas, líderes dun movemento de loita contra o dictador Leónidas Trujillo. O 25 de novembro de 1960 este dirixente ordenou o seu brutal asasinato, cando regresaban da habitual visita aos seus esposos presos por motivos políticos. 

En 1979 a ONU aprobou a "Convención sobre a eliminación de todas as formas de discriminación contra a muller". Desde o ano 2000 a ONU sinalou o 25 de Novembro como o "Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller", convidando aos gobernos, organizacións internacionais e ONGs a tomar accións para que as mulleres non fosen discriminadas en modo algún por causa do seu xénero. 



Hoxe en día estamos aínda lonxe de que se cumpra este obxectivo. As mulleres siguen sobrevivindo a limitacións na súa educación (non se lles permite ir á escola ou a formarse na universidade), a súa saúde (non se lles permite ser examinadas por persoal sanitario para ser curadas), a tomar decisións sobre a súa vida (hai nenas que son obrigadas a casarse).
Para que poidamos reflexionar sobre esta cuestión deixamos aquí esta experiencia:
"Cambiamos o conto": o conto de "Carapuchiña", visto doutra forma.


Ningún comentario:

Publicar un comentario