A novela OLIVER TWIST, escrita por Charles Dickens, foise publicando na revista Bentley's Miscellany entre febreiro de 1937 e abril de 1939. Daquela, a xente non dispuña de cartos para mercar libros, e normalmente as novelas publicábanse por capítulos en revistas deste tipo. Foi a primeira novela en lingua inglesa que tivo como protagonista a un neno.
Existen moitas películas baseadas nesta obra, pero para que vos sexa máis fácil achegarvos á historia de Oliver Twist, deixamos aquí unha película de animación que resume moi ben a súa historia. Preme na imaxe para vela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario