Como cada inicio de curso, damos os primeiros pasos polo noso PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO: "SON DE AQUÍ".
Utilizaremos todos os recursos posibles para chegar a coñecer a nosa contorna máis próxima en diversos aspectos, desde a xeografía ata as tradicións ou o traballo.
E, como cada inicio de curso, poñemos ao día a nosa biblioteca, actualizamos os fondos e poñemos a disposición da comunidade educativa os exemplares que xa non teñen cabida no centro, e buscan un novo fogar.
Se queres adoptar un libro do "Niño da Curuxa", non tés máis que deseñar unha postal na que expliques de onde és, o nome do lugar (explicando a súa orixe, se o sabes), e o que máis che gusta dese lugar.Fai tamén unha ilustración do sitio, para que todos poidamos coñecelo mellor.E para rematar, deixa a postal na caixa de correo que atoparás na exposición e escolle dous libros.
Se queres máis, podes elaborar outra postal, seguindo os mesmos pasos.
Consulta coa túa titora cando podedes visitar a a exposición.


Ningún comentario:
Publicar un comentario