Temos a sorte de contar coa amizade e a colaboración dun escritor moi querido por nós, Xosé Henrique Rivadulla, "Corcón". Xa nos acompañou no mes de xaneiro, cando veu comentar con nós os seus libros e as súas inquedanzas. Igual que el escribe sobre o mar e sobre Muxía, Novoneyra escribía sobre os eidos, sobre o Caurel. "Corcón" coñeceu a Novoneyra, e por iso puidemos sentirnos máis cerca do poeta, da súa palabra e do seu carácter. Corcón compartiu con nós esta tarde para que entendamos mellor a Uxío Novoneyra, para que nos sintamos orgullosos dos nosos antepasados, da súa herdanza e da lingua que nos transmitiron.
Ningún comentario:
Publicar un comentario