O vindeiro día 10 pasaremos de novo a tarde con Xosé Henrique Rivadulla "Corcón". É unha oportunidade que non podemos desaproveitar, porque como el mesmo comenta cando explica por que comezou a escribir, coñeceu persoalmente a Uxío Novoneyra. Poderemos preguntarlle sobre as súas lembranzas acerca do poeta homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, a quen coñeceu en Santiago.
Se premedes aquí, poderedes escoitar a Corcón recitando a "Letanía de Galicia", un dos poemas máis famosos de Novoneyra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario