2/23/2017

Día de Rosalía

O 24 de febreiro de 1837 naceu Rosalía de Castro, unha das máis importantes escritoras en Lingua Galega. Escribiu tanto en prosa coma en verso, empregando o galego e o castelán. 
En 1863 foi publicado en Vigo o seu primeiro libro "Cantares Galegos". En 1880 publicou unha escolma de poemas á que chamaría Follas Novas.   É tal o interese que espertan as súas obras no mundo que nas últimas décadas os seus libros foron traducidos a linguas como o francés, o alemán, o ruso e o xaponés.
Moitos dos poemas de Rosalía foron musicados polo cantautor Amancio Prada.
Tamén musicou poemas seus o fenomenal grupo Fuxan os Ventos.
                                      
No ano 1979 editouse un billete de 500 pesetas(3€) sobre ela. No anverso a cara de Rosalía e no reverso a súa casa de Padrón.
Tamén se editou un selo de correos adicado a ela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario