O curso pasado realizamos por primeira vez unha xincana e a experiencia foi motivadora e gratificante tanto para o alumnado como para os mestres. En vista do éxito, repetirémola este curso, pero esta vez terá o nome de "Xincana viaxeira".
No proxecto participa todo alumnado, mestres e persoal non docente.
A segunda parte do proxecto inicia a primeiros de marzo e rematará o 23 de xuño.
A segunda parte do proxecto inicia a primeiros de marzo e rematará o 23 de xuño.
O equipo de biblioteca fixo o reparto de países deste xeito:
- Infantil ( 4º-5º) : Reino Unido
- Infantil (6º): España
- 1º-2º: Portugal
- 3º: Italia
- 4º: Grecia
- 5º: Suíza
- 6ºA: Francia
- 6ºB: Alemania
Cada país tratará os seguintes temas:
- Situación xeográfica ( capital).
- Bandeira e himno.
- Gastronomía
- Monumentos importantes
- Personaxes relevantes.
Esta segunda fase consta de catro partes:
- Investigación e exposición ( desde 1 de marzo ata 21 de xuño).
- "Xincana viaxeira" ( 22 de xuño).
- Avaliación da actividade
- Festa ( entrega de premios ): 23 de xuño.
Boa viaxe!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario