7/02/2025

BIBLIOTECA DAS FAMILIAS

Desde o segundo trimestre deste curso temos á vosa disposición no vestíbulo do edificio de primaria un recuncho para as vosas lecturas. As familias que o desexedes podedes solicitar un carné no que figura o código para que anotedes o préstamo de forma completamente anónima. Tedes unha variada selección de títulos, pero tamén podedes suxerir outros máis próximos aos vosos gustos ou necesidades. Non deixes de usala. Lembrade: "Mais libros, mais libres".

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario