Comezamos este curso 2025/2026 con moitas ganas de aprender. Para iniciar o noso percorrido, non hai nada mellor que compartir. Os libros do Niño da Curuxa buscan un novo acubillo. Queredes acollelos na vosa casa? Elaborade unha tarxeta postal cunha ilustración e un bo desexo para este curso, e deixádea na caixa de correo (sempre que vos acompañe un adulto). Tedes dereito a levar dous libros por cada postal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario