Esta semana comezamos a segunda ronda de Mochilas Viaxeiras deste curso. O obxectivo desta actividade é servir de motivación para compartir experiencias en familia, desde a curiosidade, a lectura e o xogo. Agardamos seguir recibindo imaxes como esta, que responden ao noso chamado para fortalecer o vínculo entre as familias e a escola. Grazas, Pili, por abrirnos as portas da vosa casa e permitirnos compartilo.
Outras familias achegástenos os vosos comentarios e suxestións nos cadernos viaxeiros que acompañan as mochilas. En todos eles falades dos materiais que mais vos gustaron e nos fixestes chegar a vosa satisfacción pola iniciativa. As "Mochilas Viaxeiras" sempre nos deron alegrías e vemos que o paso do tempo non altera este sentimento. Deixamos aquí algúns retallos do que lemos esta mañá, antes de enviar as mochilas de volta.
Grazas a todas as familias, porque facedes posible que a lectura se espalle por todas as nosas parroquias.


Ningún comentario:
Publicar un comentario