Achégase o final do mes de outubro, e coa chegada de Novembro comeza a escuridade e encamiñámonos ao inverno. É o tempo de Samaín. Pero... coñecemos realmente o que é esta celebración? O Samaín é unha festa na que nos disfrazamos de Batman, de Vampiresas e Bruxas....? Canto sabemos desta nosa tradición?
Se cadra este resumo, baseado nunha entrevista ao antropólogo Rafael Quintía, organizada por "Orgullo Galego" e publicada en Youtube, pode axudarnos.
Pausa o video cada vez que precises mais tempo para ler ou comentar o contido.
Podes ter tamén outra visión do Samaín escoitando a conversa con Lidia Mariño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario