Este venres, día 20 de novembro, conmemórase a Declaración Universal dos Dereitos do neno e da nena.

É unha data moi importante porque, grazas a esta declaración todos os países integrados na O.N.U. acordaron protexer especialmente aos nenos e nenas de todo o mundo. Todos os nenos e nenas do mundo teñen dereito a ter unha familia, a ir á escola, a recibir coidados, a non ter que traballar... Foi un paso moi importante para a humanidade, e non debemos permitir que as guerras ou os conflitos eliminen estes dereitos.
Na biblioteca, seleccionamos algúns recursos dos que dispoñemos para ampliar información, pero tamén podedes consultar:
Ningún comentario:
Publicar un comentario